A Banda da Loba actúa o sábado en Rábade
A música volve a Rábade co concerto da Banda da Loba, que terá lugar o día 20 de novembro ás 20:00h no Centro Sociocultural dentro do Programa Rábade en Igualdade, patrocinado polo Pacto do Estado conta a Violencia de Xénero e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Debido ás condicións sanitarias o aforo será limitado, polo que os que desexen asitir deberán mandar un email a asociocultural@rabade.org cos nomes e apelidos. Só se entregarán un máximo de dúas invitacións por persoa.
Os asistentes deberán respectar en todo momento as medidas de seguridade e protección, polo que 30 minutos antes da actuación abriranse as portas do Centro Sociocultural. Será obrigatorio o uso da máscara.
Etiquetas A Banda da LobaPacto do Estado conta a Violencia de XéneroRábade