A Comisión Crecente Vega recupera a tipografía Codeseira

A Comisión Crecente Vega, no marco das accións que impulsa para a valorización da figura e obra do poeta Xosé Crecente Vega, vén de recuperar a tipografía orixinal empregada na publicación do libro Codeseira, publicado en 1933.

Este novo fito foi posible grazas a colaboración de Natalia Crecente García, familiar do poeta de Castro de Rei, membro da Asociación Galega de Deseño e docente na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.

O poema Señard” foi a composición seleccionada para presentar o resultado desta nova tipografía, que afronta a fase de revisión final para ser empregada nas accións de difusión da Comisión Crecente Vega.

Etiquetas