Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXermadeZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Xermade súmase á campaña En Negro Contra as Violencias

Por 16 Novembro, 2020Sin comentarios

Xermade súmase á campaña En Negro Contra as ViolenciasUn ano máis, o Concello de Xermade tinguirase de negro con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, xa que continuarán adheridos á campaña En Negro Contra As Violencias, acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela.

Este ano, conscientes das dificultades actuais para organizar accións presenciais, centraremos os esforzos en actividades virtuais. Toda a veciñanza que queira colaborar, pode participar tinguindo o seu fogar, as rúas ou lugares de traballo de negro, e subir fotos relacionadas cos hashtag #XermadeEnNegro#EnNegro202#ContraAsViolencias#GaliciaEnNegro#NonEstásSoa #QuerémonosVivas, para tinguir tamén de negro as redes sociais.

Tamén podedes enviar as fotografías por correo electrónico a educadora.familiar@xermade.org ou no whatsapp 678 744 178.Máis info en https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl ou no 678 744 178.