Bonos consumo Vilalba

Vilalba fai unha análise do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello

Vilalba fai unha análise do Camiño de Santiago ao seu paso polo ConcelloUn total de 455 elementos presentes na ruta xacobea formarán parte do proxecto de acondicionamento do Camiño de Santiago ao seu paso polo casco urbano que está a elaborar o Concello de Vilalba. O tramo afectado é o comprendido entre a entrada do polígono empresarial e a Ponte Rodríguez.

O Concello está a estudiar a situación dos edificios e da contorna e que se estableza unha serie de recomendacións para poder actuar. Este plan de acción contempla só actuacións en edificiacións de titularidade municipal, e que nas propiedades privadas só se farán recomendación.

Cada un dos 455 elementos contará coa súa ficha, na que se analiza a situación de elementos arquitectónicos e naturais e de espazos públicos, recollen o grao de singularidade, a tipoloxía e o nivel de conservación, así como datos sobre aspectos negativos dos memos refereidos ao cableados, iluminación, seguridade, etc.

Etiquetas