Bonos consumo Vilalba

Comeza a construción dunha rotonda na avenida de Ortigueira das Pontes

O Concello das Pontes, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria no municipio, iniciará mañá as obras de construcción dunha rotonda na Avenida de Ortigueira, na súa intersección coa Rúa Ourense.

Esta glorieta, que será rebasable para evitar problemas en caso de paso de vehículos de grandes dimensións, permitirá darlle maior fluidez ao tráfico rodado, reducindo o tempo de espera dos vehículos que circulan por ambas vías ao tempo que se mellora a seguridade viaria, rodada e peoníl, nun cruzametno con moita densidade de circulación e pouca visibilidade.

A rotonda terá unhas características similares a outras glorietas creadas en viarios con rasgos moi parecidos, será rebasable para permitir o paso dos vehículos máis longos e pesados.

Os traballos consistirán na construción dunha rotonda e na reposición das marcas viarias e a colocación de nova sinalización vertical. A intervención custearase con fondos procedentes das arcas municipais.

Etiquetas