O Concello de Meira licita a xestión dos lociais patrimoniais Centro e O Muíño

O Concello de Meira licita a xestión dos lociais patrimoniais Centro e O MuíñoO Concello de Meira iniciou a licitación da explotación do bar cafetería Centro e o bar restaurante O Muíño, situados na praza Maior e no parque Profesor Río Barxa, respectivamente.

Ábrese así o concurso público a xestión de ambos os establecementos, considerados bens patrimoniais, debido a que venceu a concesión de dez anos que estaba vixente.

O novo contrato volverá ter a mesma vixencia e o arrendatario terá que abonar unha fianza de tres meses, segundo figura nas bases. Outra das normas é que non está permitida a subcontratación.

O Concello elaborou para este concurso unhas novas bases, xa que as que había estaban obsoletas, e tamén un estudo de mercado para fixar o prezo de saída. Este estipulouse en 550 euros no caso do bar Centro e de 750 euros no do restaurante O Muíño.

As persoas ou empresas que estean interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo no rexistro xeral do Concello de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ata o 7 de decembro.

Etiquetas