Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

As Pontes continúa hoxe co seu programa cultural de Outono

Por 19 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes continúa coa súa programación cultural Outono 2020 baixo o paraugas A cultura é segura. Música e cultura volven compartir espazo nun calendario que terá continuidade hoxe coa proxección de Medida x medida de Shakespeare a cargo de Producións Teatrais Excéntricas.

No apartado musical hai previstas varias actuacións. A presentación do disco Andrómeda do grupo pontés Astra, foramdo por Carla Alvariño e Víctor Leal. Será o sábado 21 ás 20.00 horas.

O domingo 29 será a vez de Gallaecia All Stars, un musical que conxuga o humor coas grandes bandas.

Xa en decembro, o sábado 12 será o momento de Fuel Fandango, concerto acústicos do dúo formado por Nita e Ale Acosta. Rematará a programación o 19 de decembro con Leilía e o seu Cantar Elas. 30 aniversario.

Dentro da programación haberá tempo para o humor de Carlos Blanco e Oswaldo Digón co espectáculo Quen dixo medo, que se poderá ver o sábado 5 de decembro.

Non faltará a cita co espectáculo radiofónico Butaca Zero, o 17 de decembro.

Todas as actuacións terán lugar no Auditorio Alovi. O teatro e Butaca Zero serán ás 21.00 horas mentres que o Galalecia All Stars celebrarase a partir das 18.00 horas. O resto teñen como hora de inicio ás 20.00 horas.

Durante as actuacións respetarase o protocolo covid establecido para os espectáculos culturais en espazos pechados. Recoméndase a adquisición de entradas na plataforma tickentradas.com ou no teléfono 902 750754.

Como norma xeral serán de aplicación as establecidas na normativa vixente en cada momento pero primarán para o acceso dos espectadores o uso obrigatorio de máscara, desinfección de mans e entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade de 1,5 m.