Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O coronavirus dá un novo respiro á provincia

Por 19 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O coronavirus dá un novo respiro á provincia

O coronavirus volveu dar unha nova tregua nas últimas 24 horas e descence a súa presenza nas diferentes porcentaxes, agás en Vilalba onde os casos continúan aumentando ao detectarse un gromo na Residencia de Persoas Maiores da localidade. Polo momento estímase a incidencia en 30 positivos, á espera dos resultados nas próximas horas.

Debido á delicada situación, as Autoridades Sanitarias faranse co control deste espazo.

Agás Vilalba, baixan os casos activos a nivel xeral, que este xoves son 1.072, 28 menos que o día anterior. Esta cifra conxuga os 51 novos positivos das últimas horas, dous menos que na xornada anterior, así como as 81 novas altas, que sitúan en 4.420 o total de persoas que superaron a enfermidade dende marzo.

A presión asistencial tamén baixou, ao pasar de 59 persoas hospitalizadas a 50. Delas, cinco están o UCI do Hula. Na planta do centro de  planta atópanse no hospital público da capital 29 pacientes, un menos; no de A Mariña baixan de 13 a 10 mentres que no de Monforte mantéñense en seis.

O número de falecido continúa a ser 115.

Respecto ao mapa de situación, seguen en alerta vermella Burela, Vilalba, Lugo, e Sarria mentres que sobe a laranxa Foz para unirse a Guntín e Chantada.

Rebaixa a súa presión de contaxios Monforte, que xa está e amarelo, xunto a Viveiro, Xove, Cervo, Ribadeo, Cospeito, Castro de Rei, Monterroso e Láncara. Volve á situación normal o Corgo e entra en amarelo Baralla.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.098 deles 1.888 son da área da Coruña, 1.072 da de Lugo, 749 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.422 da área de Vigo, 993 da de Santiago, e 724 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 101 están en UCI, 472 en unidades de hospitalización e 8.525 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 37.210 persoas curadas, rexistrándose 1.107 falecementos.

Ao contrario do que sucede a pandemia de covid-19 en Galicia volve coller forza, pois por segunda xornada consecutiva aumentan os novos positivos detectados, 685 nunha soa xornada, o que supón 172 máis que o mércores, e tamén crecen os contagios activos, 47 máis.

Pola contra, mellora algo a situación nos hospitais, ao baixar a 472 os hospitalizados, 4 menos que un día antes, e a 101 os pacientes en UCI 1 menos, segundo os últimos datos actualizados do Sergas. Datos que aporta Lugo, onde baixou esta presión.

A área sanitaria de Vigo volve a rexistrar o maior crecemento con 282 novos casos confirmados, 174 máis que o mércores e 105 contaxios novos máis. Tamén en Coruña aumentaron con 12 casos activos máis en Ourense continúan estables e baixan no resto de áresas sanitarias.

A cifra de mortes achacadas polo Sergas á covid-19 na comunidade sitúase en 1.107 tras os quince notificados a última hora deste mércores.

En total hai 38 municipios en Galicia en nivel de alerta vermella por incidencia acumulada durante o últimos sete días, tres máis con respecto ao reconto do mércores.