Bonos consumo Vilalba

O PSOE pedirá en Pleno axudas para afectados pola crise da covid

O PSOE pedirá en Pleno axudas para afectados pola crise da covidO PSOE de Abadín presentou unha moción na que solicita establecer con carácter urxente unha convocatoria de axudas para impulsar a actividade económica no termo municipal. Piden que estas se dirixan aos sectores máis perxudicados polos efectos da covid-19.

Propoñen tamén que os cargos políticos do Concello con dedicación total ou parcial destinen un 30% do seus soldos dun mes para sufragar estas liñas de axudas.

Afirman os socialistas que os sectores máis afectados pola crise sanitaria son ops gandeiros de carne, autónomos, comercios, hostalaría, etc. Afirman que despois de nove meses “non se entende que non se destinara ningunha axuda a paliar os efectos do coronavirus, sobre todo cando o alcalde sempre presumiu do superávit do que goza o noso Concello”.

Indican que para sufragar estas axudas poderían utilizarse as partidas adicadas a festas, comidas, banquestes ou degustacións populares que non se celebraron con motivo da pandemia, ademais dunha contribución dos cargos electos.

PISTAS

Por outra banda, os socialistas critican tamén “o estado lamentable de abandono no que se atopan as pistas e camiños do noso Concello. Por iso, “ante esta falta de mantemento por parte da Alcaldía” rexistraron unha serie de iniciativas para o “adecuado mantemento e  conservación das nosas pistas, camiños e pontes”.

Etiquetas