Bonos consumo Vilalba

O Vilalbés suspende os adestramentos da base pola incidencia da covid

O Rácing Club Vilalbés, dada a evolución da pandemia en Vilalba nos últimos días con gromo importante na residencia de maiores e cun crecemento de casos activos progresivo nas últimas datas que maneteñen ao Concello en alerta vermella, decidiu suspender os adestramentos do fútbol base ata novo aviso.

Os responsables do club afirman que non teñen ningún caso positivo nas filas do club pero fano “como medida de precaución para restrinxir a mobilidade tanto dos rapaces como das súas familias” e tamén en previsión das medidas que tome o comité clínico hoxe.

“Agardamos que esta medida axude a reducir o número de casos en Vilalba, e que o fútbol en particular, e o deporte en xeral, continúen a ser exemplo de que con boas prácticas o virus pódese vencer”, subliñan no seu comunicado.

Mostraron tamén o seu agradecemento “a todos os nosos rapaces, adestradores e tamén ás súas familias, o compromiso e boas prácticas mostradas en este mes e medio de adestramentos, xa que ata o día de hoxe non tivemos ningún positivo no clube.

Anunciaron tamén que os adestramentos retomaranse á maior brevidade posible. Polo momento si seguirán adestrado o equipo sénior e tamén o equipo xuvenil, que milita na Liga Nacional, xa que ambos os dous están en plena competición.

 

Etiquetas