Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Ouro para Antonio Polo na reanudación da tempada de piragüismo

Por 19 Novembro, 2020Sin comentarios

A sexta edición do Trofeo Rías Baixas abriu a campaña 20/21 no piragüismo galego e facíao con boas noticias para os padeeiros ponteses, que subiron en dúas ocasións ao podio no encoro de Verducido, en Pontevedra.

O primeiro ouro para un dos habituais no caixón, tanto galego como nacional, da man de Antonio Polo, do Grupo Xuvenil Matojoma As Pontes, que foi o mellor para veteranos, tras unha dura pelexa con Adolfo Monteagudo do Ría de Betanzos, ao que bateu por só un segundo. O seu compañeiro Ernesto Gancedo foi oitavo na mesma categoría.

Na cita sub 23 feminina, a canteirá pontesa Celia Durán fíxose co bronce tras os catorce quilómetros de trazado, pelexando tamén esta medalla con Helena Torreiro, de As Xubias. Mario Rey, do Firrete de Pontedeume, foi cuarto na cita sub 23 de canoa, a centésimas do bronce.