Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A gromo de Vilalba ofrece hoxe un récord de novos contaxios

Por 20 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A gromo de Vilalba ofrece hoxe un récord de novos contaxiosO brote na residencia de Vilalba, con 132 positivos, detectado onte disparou os casos activos rexistrados no total da provincia de Lugo, que este venres sitúanse en 1.194, 122 máis que un día antes. O balance facilitado polo Sergas, recolle que houbo 167 positivos confirmados por PCR nas últimas horas, unha cifra que rompe a tendencia das últimas datas e é a maior de toda a pandemia nun día.

O dato de casos activos estivo paliado polas 46 altas que se deron nas últimas horas porque xa son 4.466 as persoas que superaron a enfermidade dende que comezou a pandemia. No caso contrario están as 115 persoas que perderon a vida dende marzo.

Malia aumento de contaxios, descende polo momento a presión asistencial, ao pasar de 50 a 47 hospitalizados. Deles, 42 están en planta e cinco na UCI do Hula (os mesmos que onte). Dos que se atopan ingresados en unidades convencionais, 29 evolucionan no hospital público da capital, os mesmos que un día antes; 8 fano no Hospital da Mariña (2 menos) e 5 no de Monforte (1 menos).

O mapa covid da provincia indica que hai poucas variacións respecto ao día anterior. Continúan en vermello Burela, Vilalba, Lugo e Sarria; e en laranxa seguen Guntín, Foz e Chantada.

Saen de alerta amarela Ribadeo e Láncara e entra As Pontes. Mantéñense nese primeiro nivel Viveiro, Xove, Cervo, Cospeito, Castro de Rei, Baralla, Monterroso e Monforte.

GALICIA

O Sergas comunicou hoxe 685 nuevos casos de covid-19 por PCR nas 24 horas, 18 máis que onte. Pero en casos positivos baixa o número en 12 ata situarse en 9.086. Os contaxios activos sitúanse en 48.113 e os pacientes curados ascenden a 37.910, o que supón 700 altas máis. Ademais, as vítimas mortais en Galicia son xa 1.119 despois de nas últimas horas fosen comunicados doce novos falecementos.

A área sanitaria máis afectada continúa sendo Vigo, con 168 positivos diarios malia que experimentou  un importante descenso en relación a días anteriores. Deixa a Lugo xusto por debaixo (167 novos positivos) a causa do gromo da residencia Asilo de Vilalba.

Tamén subiron o número de novos positivos nas áreas de Santiago-Barbanza, con 79 positivos (2 máis); en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 45 (1 máis); e en Ferrol, cun total de 40 (seis máis). A Coruña-Cee baixou en 20, ata os 102; ao igual que Pontevedra-O Salnés caeron en 17, ata os 87.