Bonos consumo Vilalba

Abadín elabora un mural e un vídeo contra a violencia de xénero

Abadín elabora un mural e un vídeo contra a violencia de xéneroO persoal técnico de atención á infancia de Abadín e os nenos e as nenas que utilizan o Punto de Atención á Infancia quixeron solidarizarse na loita contra a violencia de xénero que se conmemora o 25 de novembro.

Para isto levaron a cabo a confección dun mural co título No amor non todo vale, onde os máis pequenos e pequenas plasmaron as súas mans en sinal de apoio ás mulleres que están a sufrir esta lacra social.

Ademais, o Concello de Abadín colabora co Centro de Día de Abadín, Transportes Morán, Recursos e Programas Activos, S.L.U. na loita contra a violencia de xénero. Nas súa web veñen de publicar un vídeo cun rosco de preguntas do tipo Pasapalabra, onde todas as responstas teñen que ver con esta celebración.

Etiquetas