Bonos consumo Vilalba

Adiada a segunda das sesións das Xornadas Museísticas de Vilalba

Debido á situación experimentada nos últimos días pola evolución do covid-19 o Iescha decidiu adiar a segunda das sesións das Xornadas Museísticas previstas para este sábado, 21 de novembro.

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba, o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía (Mupav), e a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, organizan estas Xornadas Museísticas, que deron comezo o pasado sábado na Biblioteca Municipal de Vilalba.

Participan nestas xornadas Eduardo Ramil Rego, Felipe Senén, Aurelia Balseiro García, Ángel Villa Valdés, Felipe Arias Vila e Hugo Lozano Hermida.

O sábado 21 estaban citados os participantes a unha mesa redonda, de 12:00 a 14:00 horas co título Museo de Arqueoloxía e Administración Local coa participación de Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; Ángel Villa Valdés, arqueólogo do Museo de Arqueoloxía de Asturias; Felipe Senén, arqueólogo e ex director do Museo do Castro de Viladonga e Hugo Lozano Hermida, licenciado en Historia, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía e membro da Asociación de Amigos do Museo de Vilalba.

Etiquetas