Bonos consumo Vilalba

Begonte súmase á campaña En Negro con actividades deportivas e culturais

Begonte súmase á campaña En NegroO Concello de Begonte sumouse un ano máis á campaña En Negro contra as Violencias que se desenvolve este días en diferentes concellos galegos con motivo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero.

Así, hai convacadas varias actividades que darán comezo hoxe coa celebración do partido de Terceira División de fútbol sala entre o Concello de Begonte FS e o CD Lugo Sala. O equipo local disputará, ás 19.30 horas, o encontro cunha camiseta conmemorativa co lema 25N Begonte en Negro. Debido ás condicións sanitarias o partido será a porta pechada pero retransmitirase pola canle de youtube. O domingo, ás 12.00, fará o mesmo o equipo xuvenil de División de Honra contra o Parrulo.

O propio 25 de novembro terá lugar unha concentración silenciosa en memoria de todas as vítimas da violencia de xénero. Será ás 12.00 horas na praza do Concello. Así mesmo, o 28, sábado, ter´alugar a actuación musical Jazz entre amigos/as por parte de Murajazz Big Band dentro do programa Musiqueandop da Deputación Provincial. Será ás 17.00 horas na praza do Concello con aforo limitado. Se o tempo non o permite trasladarase esta actividade ao centro sociocultural.

Etiquetas