Bonos consumo Vilalba

A Pastoriza pasa a ter só unha feira ao mes

A Pastoriza pasa a ter só unha feira ao mesA localidade de Pastoriza vén de realizar un cambio importante nas súas feiras, xa que deixa de celebrar unha á semana para pasar a ser mensual. Elexiuse como data para ela o primeiro sábado de cada mes.

Esta decisión foi unha iniciativa de comerciantes e hostaleiros, que se puxeron en contacto no Concello co alcalde e a secretaria para poder facer efectivo este cambio.

Deste xeito, a intención é facer unha feira forte unha vez á semana con polbo, froita, pescado fresco, téxtil, artesnía e calzado e evitar que esta segua a esmorecer como está a pasar nas últimas datas.

Así, a primeira feira mensual terá lugar o 5 de decembro e para incentivala haberá un sorteo de 120 euros,que serán entregados en vales para gastar no núcleo de Pastoriza nos establecementos colaboradores. O sorteo será na mesma praza da feira ás 13.00 horas. Durante todo este mes estanse a regalar as rifas para o sorteo coas compras que se realizan nos negocios locais.

Etiquetas