Bonos consumo Vilalba

Instalan dispensadores de xel en espazos públicos das Pontes

O Concello das Pontes iniciou, esta semana,  a instalación de varios dispensadores de xel hidroalcólico en distinto espazos públicos do municipo co obxectivo de facilitar o cumprimento das recomendacións sanitarias e contribuír a conter a propagación da pandemia da covid-19 mediante a adecuada hixiene de mans.

Son un total de 10 dispensadores de xel hidroalcólico, instalados nos colexios Santa María, A Magdalena, A Fraga, os institutos Castro da Uz e Moncho Valcarce, no conservatorio municipal, Escola Infantil Municipal A Barosa, no Mercado de Abastos así como nas entradas da piscina e polideportivo municipal, que contan cun depósito de xel de 10 litros de capacidade e actívanse con sensores, sen necesidade de contacto, ofrecendo ás persoas usuarias a dose precisa para a limpeza de mans. Ademais inclúen un espazo destinado ao depósito de Epis (máscaras e luvas).

Desde o Concello apuntan que “ante unha situación sanitaria como a que estamos vivindo, a seguridade e a protección da cidadanía son unha prioridade do goberno local e esta medida responde ao noso compromiso de poñer en marcha, dentro das nosas competencias, calquera medida de prevención que poida contribuír a frear a propagación do virus”

A través deste dispensadores, a cidadanía terá acceso a xel hidroalcólico que lle permitirá manter unha correcta hixiene de mans, favorecendo a súa desinfección, nos espazos máis transitados e concorridos da vila.

Por outra banda, desde o Concello pídeselle á cidadanía que coide destes novos elementos urbanos, fundamentais para poder manter unha correcta hixiene de mano en todo momento “son un beneficio para a saúde de publica de todos os ponteses e pontesas e por este motivo pedimos a colaboración de toda a cidadanía para garantir o bo estado”.

Etiquetas