Bonos consumo Vilalba

O Ceip Terra Chá e Cruz Vermella recollen alimentos para familias en risco

Cruz Vermella de Vilalba e o Ceip Terra Chá, ubicado na parroquia de Román, estableceron un acordo de colaboración unha acción de apoio sanitarrio. Deste xeito, a entidade social dará apoio sanitario aos alumnos do centro educativo na súa realización do Camiño de Santiago que realizarán ao largo do curso (sempre que a situación sanitaria o permita)

Pola súa banda o centro puxo en marcha unha campaña de recollida de alimentos entre as familias dos alumnos, que irá destinada a persoas en risco de exclusión social e afectadas pola pandemia da covid-19.

O Ceip Terra Chá e Cruz Vermella recollen alimentos para familias en riscoLOTERÍA

Por outra banda, Cruz Vermella xa ten á venda a tradicional lotería correspondente ao Sorteo de Nadal. Este ano véndense participacións dos números 57665 e 57666.

Os interesados en comprala poden facelo nas oficinas de Cruz Vermella Vilalba a un prezo de tres euros la participación. Os interesados en recibir información poden poñerse en contacto coa entidade nos teléfonos 982511303 e 620218127.

Etiquetas