A unidade móbil de doazón de sangue visita Xermade

A unidade móbil de doazón de sangue visita XermadeA unidade móbil de doazón de sangue estará  o martes 24 de novembro no Concello de Xermade, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 a carón da casa consistorial xermadense e de 19.00 a as 21 horas estará en Roupar

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

Etiquetas