Lerán un manifesto contra a violencia o mércores en Castro de Rei
O Concello de Castro de Rei tamén dedicará unha acción a celebrar o mércores, 25 de novembro, o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero.
O Concello pasará a ser un Espazo libre de Agresións sexistas con tolerancia cero. Para iso organizan a lectura dun manifesto en repulsa contra todo tipo de violencias e agresións machistas diante do Concello ás 13.00 horas.
A este acto están invitados a participar todos os veciños que o desexen.
Etiquetas castro de reiDía Mundial da ViolenciaEspazo libre de agresiónsviolencia de xénero