Taboada y Ramos S.L.

Puraga recibe unha achega para a promoción do poldro

Puraga recibe unha achega para a promoción do poldro Puraga recibe unha achega para a promoción do poldroA Asociación de criadores do cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) vén de deseñar un plan para impulsar a promoción da carne de poldro e a paliar en parte o impacto que a pandemia está a ter na comercialización deste produto de calidade nutricional e organoléptica.

Para iso contará cunha achega de 5.130 euros por parte da Deputación provincial, que se orientarán á restauración, con demostracións con degustación da carne fresca e tamén de produtos elaborados, como os embutidos.

Puraga leva realizando nos últimos anos un traballo de valorización do Cabalo de Pura Raza Galega, como ferramenta para a xestión de espazos, buscando unha rendibilidade económica para os criadores da raza.

Puraga desde 2005

Puraga é unha asociación sen animo de lucro, creada en outubro de 2005, para preservar e protexer o Cabalo de Pura Raza Galega, velando polos intereses da raza, representando, defendendo e promovendo unha mellora na conservación da mesma e do fomento da cría entre os gandeiros e gandeiras de Galicia.

A asociación ten a súa sé no Viveiró, en Muras. Aínda que o seu ámbito de actuación é Galiza, a provincia de Lugo concentra o 65% das 122 gandeirías asociadas polo que gran parte do traballo da entidade desenvólvese neste territorio.

Puraga mantén un vínculo constante e diario cos criadores, reflectindo os problemas reais nos que se atopa esta gandeiría, e abordando tamén a súa incidencia no ámbito social, cultural, gastronómico, económico e medioambiental.

Así, parte do orzamento da achega destinarase á publicación dun libro divulgativo onde se amosa a influencia social e deportiva do cabalo de Pura Raza Galega, a historia da raza, a súa repercusión medio ambiental ou a cultura e tradición cabalar.

Etiquetas