Ecoloxistas critican a liberdade de circulación de cazadores

Ecoloxistas en Acción denuncia que en plena pandemia a Xunta permite a total liberdade de movimento aos cazadores galegos (federados ou non). A franxa de idade e o sexo maioritario dos cazadores en Galicia é varón maior de 50 anos, precisamente o grupo social marcado polo ministerio de sanidade como grupo de risco para a covid.

Por iso, Ecoloxistas en Acción entende que permitir a libre circulación dun grupo de idade de alto risco dende zonas perimetradas pola alta incidencia da Covid hacia zonas rurais cun porcentaxe de poboación envellecida é unha temeridade. Se está a poñer en risco a saúde pública do rural galego, que carece de medios sanitarios para combatir de forma eficaz a pandemia, coa sanidade primaria como único medio cercano, e en ocasions a centos de kilómetros do hospital máis cercano. Ecoloxistas en Acción lembra que o recente brote de Sarria aconteceu despóis de varias reunións de fin de semana por parte de colectivos cazadores.

Unha alta incidencia de danos por xabaríns na agricultura pode deberse a unha nefasta política forestal basada nos monocultivos como o eucalipto. Os monocultivos obrigan á fauna (xabarín incluído) a pescudar alimento en terras de cultivo ante a ausencia de landras de carballo ou de sobreira.

XABARÍNS

A Xunta de Galicia é coñecedora da estacionalidade dos atropelos de xabaríns nas estradas galegas que coincide coa tempada de caza. Cando a fauna fuxe dos tiros pode cruzar as estradas provocando accidentes de circulación. Se a este risco para a súde sumámoslle os númerosos feridos por disparo, non parece moi recomendábel permitir batidas de caza cos hospitais galegos ao borde do colapso pola pandemia.

Ecoloxistas en Acción sinala que a total ausenza e pasos efectivos para a fauna na rede de estradas galega dificulta a seguridade viaria e coa conservación da fauna.

Resulta contradictorio permitir as batidas de lobos, principal depredador do xabarín, ao mesmo tempo que se fala dunha suposta superpoboación de xabarín.

Ecoloxistas en Acción reclama que se fagan públicos os datos que amosen que nalgún punto de Galicia existe superpoboación deste depredador apical. O derradeiro censo amosa unha estabilidade das poboación que debido á persecución legal e ilegal non medran. Non parece momento polo tanto de cazar lobos, senon máis ben de protexelos.

Un tema no menor e que posiblemente está detrás de moitos dos accidentes da caza é o consumo de alcol. Ecoloxistas en Acción demanda á Xunta de Galicia que dote de alcoholímetros aos axentes forestais. Así o reclamaron, recentemente, os propios axentes, para testar as tasas de alcol dos cazadores durante as actividades cinexéticas.

Etiquetas