Sancionado o Outeiro de Rei FS por non incorporarse á competición

O Outeiro de Rei FS, xunto con outros cinco equipos de Terceira División, foi sancionado coa perda da categoría e unha multa pola negativa a xogar durante o tempo de pandemia.

O equipo lugués, ao igual que o resto de clubs, deberá descender á Preferente Galicia para a seguinte tempada e aboar a miulta de 20 euros imposta pola  Galega de Fútbol (Futgal) “pola súa renuncia á participación na competición”.

Xunto ao Outeiro de Rei, foron sancionados tamén Unión GR9 e Villa de Cee no Grupo A de Terceira e ao Baíña, Stellae e Pazos de Borbén no Grupo B., tal e como establece o ditame da Federación.

A Futgal argumenta a súa decisión en que os citados clubs notificaran a súa renuncia á participación en Terceira División, polo que os relega aos últimos lugares da táboa ata final de tempada, co consecuente descenso a Preferente.

Desde o Outeiro de Rei xa comunicaron a súa intención de recorrir a sentenza. Os seis pediran á Futgal o aprazamento da categoría pola falta de garantías para competir con seguridade pola pandemia de covid-19 e xa avazaran que non participarían na categoría nas actuais circunstancias.

Etiquetas