O Concello da Pastoriza saca unha nova liña de axudas aos negocios locais
O Concello da Pastoriza vén de sacar unha nova liña de axudas dirixida especialmente a autónomos e entidades mercantís que teñen como obxectivo o impulso da actividades económica no termo municipal para paliar os efectos da covid-19.
Así, a subvención irá destinada para aqueles negocios ou traballadores que se viron afectados polo estado de alarma declarado o 14 de marzo e que terá unha contía de 400 euros.
Así, serán subvencionables os gastos de aluguer durante o confinamento (ata o 30 de abril), as primas de seguro, os gastos correntes (auga, teléfono, electricadad, gas ou servizos de seguridade) e as cotas da seguridade social.
Poderán solicitar estas axudas aquelas persoas autónomas ou entiaddes mercantís con ou sen personalidade xurídica propia que teñan o negocio no termo municipal, esteñan dadas de alta na Seguridade Social ou Mutua e estar ao día co pago das débedas.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de decembro e poden presentarse no rexistro xeral do Concello.
Estas axudas súmanse ás publicadas hai uns días dirixidas aos estudantes para sufragar o gasto en libros e material escolar.
Etiquetas As PastorizaautónomosaxudasCOVID-19negociosPSOEsubvencións