O CT Vilalbés celebra dende o venres o tradicional torneo de San Ramón

O CT Vilalbés celebra dende o venres o tradicional torneo de San RamónO Club de Tenis Vilalbés celebrará con algo de retraso o seu habitual Torneo de San Ramón, que este ano tivo que ser aprazado pola pandemia e que se disputará finalmente dende este venres e durante dúas fins de semana (27, 28, 29, 4, 5 e 6) como a edición XXVIII.

A convocatoria será tamén o segundo Memorial Juan José Pereira Vázquez e contará cunhas rigorosas medidas de prevneicón da covid-19 establecidas pola Federación, Xunta e Concello.

A organización estableceu as categorías de absoluto federados, masculino e feminino; más de 35 federados, in fantil e cadete masculino e feminino.

Haberá trofeos para os gañadores e subcampións das diferentes categorías.

O prazo de inscrición remata hoxe ás 20.00 horas. Esta debe facerse a través do correo electrónico ctvilalbes@gmail.com ou na web ibertenis.com.

Etiquetas