Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Viveiro pedirá eliminar as medidas máis restrictivas

Por 26 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Continúan baixando os casos de covid na provinciaA provincia rexistrou nas últimas 24 horas 1.885 casos activos de coronavirus, 17 menos que na xornada anterior. Dato ao que se chega tras detectarse 48 novos contaxios (onte foron 37) e 68 altas, o que fan que o total de persoas que superaron a enfermidade sexa de 4.872.

Por outra banda, houbo que lamentar unha nova vítima mortal, polo que xa son 119 os falecidos na provincia dende que se iniciou a pandemia no mes de marzo. A muller falecida era residente do centro DomusVi de Monforte.

Respecto á presión hospitalaria, hai cinco persoas menos ingresadas, unha delas na UCI, na que hai 7. Ademais, 20 persoas continúan na planta do Hula, 6 na Mariña (2 menos) e 5 en Monforte (dous menos).

A situación continúa estable en Vilalba, onde os casos activos continúan estables malia o gromo detectado na residencia. Tampouco repercitiu polo momento a situación do centro de maiores na presión hospitalaria da provincia.

Na Mariña, a situación continúa coa franxa costeira con varias alertas Burela mantén 40, Foz 29, Viveiro e Cervo 15 e Ribadeo e Xove 10. No resto a incidencia é mínima ou inexistente.

Viveiro experimentou un descenso dos datos rexistrados polo Sergas ata onte polo que estudarán mañá eliminar medidas restrictivas. Burela terá que esperar.

COMITÉ CLÍNICO

Na xornada de onte houbo unha nova reunión do comité clínico que informou que se está a producir unha melloría na situación de Santiago, A Coruña e Ourense que fan prever unha relaxación das medidas en breve. Tamén destacou a evolución favorable de Lugo e Ferrol e tamén, en menor medida, a de Vigo. Agora preocupa a situación en Pontevedra.

Debido á melloría da situación en Monforte, foron levantadas as medidas máis restrictivas polo que se espera que este venres haxa mellores noticias para estas cidades que están a mellorar.

As valoracións do comité indican que a comunidade galega presenta uns datos de incidencia que falan de “estabilidade con certa tendencia descendente”.