Guitiriz destinará 70.000 euros a varias obras de mellora

O Concello de Guitiriz levará ao pleno deste xoves, 26 de novembro, a aprobación da modificación do orzamento municipal mediante un suplemento de crédito por valor de 70.009,54 euros e que permitirá a mellora de equipamentos, iluminación e abastecemento.

O suplemento de crédito utilizarase para sufragar diferentes proxectos: a reforma do vestiarios do campo de fútbol de Guitiriz, ampliación da iluminación en variós núcleos (Parga, Santa Leocadia, Pígara, Os Vilares, Trasparga e Labrada), a reparación e construción dun porche no pavillón exterior do Ceip Santo Estevo de Parga, subministro de bomba para depósito de auga, subministro de contedores de cor verde, material informático e outros equipamentos dixitais para Protección Civil, mantemento e conservación de infraestruturas e, por último, subministracións varias para xestión do medio ambiente e outros.

Etiquetas