Suspendida a ruta das tapas organizada nas Pontes

Debido á evolución da pandemia de COVID19 nas Pontes, por responsabilidade, os establecementos hostaleiros adheridos á campaña 5 Etapas decidiron suspender as xornadas da ruta de tapas previstas para as vindeiras fins de semana.

Un total de nove locais da hostalaría das Pontes inciaron a pasada fin de semana unha viaxe gastronómica en Cinco Etapas, unha ruta de tapeo que ten como obxetivo probar varios pratos típicos doutros tantos países.

Os locais participantes son Delapiccola, A Taberna de Pancho, A Fervenza de Somede, Mesón 7 Camilos, Cervexería La Capilla, Café-Bar Segunda Cueva, Mesón de Pepe, A Caseta do Parque e Café Bar Torres e o seu obxectivo é dinamizar o sector.

Cada fin de semana, de venres a domingo, estaba previsto dedicalo a un país diferente. Comezaron con España e quedan pendens agora as xornadas dedicadas a México, Xapón, EE.UU. e Italia.

Etiquetas