Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Pleno de Vilalba acorda pedir á Xunta o amaño da estrada de entrada á vila

Por 28 Novembro, 2020Sin comentarios

O Pleno de Vilalba acordou na súa última sesión e cos votos a favor do PSOE e Vilalba Aberta pedir á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a financiación necesaria para poder facer as obras en algo máis de dous quilómetros la estrada LU-119, a entrada ao núcleo urbano desde Rábade.

Trátase da última vía que qeuda por arranxar tralo proceso de transeferencia realizado no ano 2010. O PP pola súa banda opúxose porque considera que é necesario ter un proxecto na man para facer esta demanda.

Outros dos puntos de trámite que se trataron foi a renovación da permanencia da Bilioteca municipal na Rede galega e o informe de morosidade.

As dúas mocións do PP, unha sobre a Feira do Capón, que foi unha chamada de atención á xestión municipal, xa que esa mesma mañá se informou sobre a edición de este ano; e outra sobre a elaboración dun plan municipal de reactivación económica, plan que foi apoiado por Vilalba Aberta e ao que se negou o PSOE debido, como explicou, ao descoñecemento sobre a situación das arcas municipais para o próximo exercicio.

Avanzou a alcaldes no Pleno que se lles fará chegar un borrador dos orzamentos para que fagan as súas aportacións, medida que aplaudiu o equipo minoritario dirixido por Modesto Renda.

O centro de día, moción de VA serviu de acordo entre os antigos socios mentres que o PP avanzou que non había proxecto sobre a mesa para facer ningunha demanda.