O Iescha fai unha ofrenda floral no monolito das Irmandades da Fala

O Iescha fai unha ofrenda floral no monolito das Irmandades da FalaEste ano, debido á situación sanitaria motivada pola pandemia, non se pudieron levar a cabo as xornadas de lingua e identidade que dende hai tres anos organizan o Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e o Consello da Cultura Galega. Todo estaba preparado para esta fin de semana. A temática das mesmas ía ser sobre lingua e identidade. Ao final, polos motivos mencionados, houbo que adialas, pero no descartan poder celebralas, cando a situación así o permita.

Non obstante, quixemos manter a tradición de realizar a ofrenda floral diante do monolito situado ao carón do Parador de Vilalba colocado con ocasión do Centenario da creación das Irmandades da Fala e que rende homenaxe aos membros do grupo da Irmandade formado na nosa vila.

Por esa razón, a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro, en representación das tres entidades organizadoras, depositou este sábado pola mañá un ramo de rosas ao pé do monolito.

Etiquetas