Sen positivos novos en Vilalba mentres as Pontes segue sumando casos

O índice de casos activo de covid-19 experimentou unha baixada importante ao porse por debaixo do milleiro de casos, 967, tras confirmarse 31 novos positivos pero compensarse con 129 altas o que fai xa que sexan 5.123 as persoas que superaron a enfermidade no que vai de pandemia e 6.212 os casos detectados no histórico dende marzo. O descenso de casos activos, polo tanto é de 98 mentres que os novos positivos son a metade respecto ao día anterior.

Pola contra, os falecidos son 121, unha vez que se incluiu a última morte notificada na noite do venres pero que non estaba contabilizada no anterior parte do Sergas.

Volve aumentar eso si a presión hospitalaria que pasa de 36 a 39. Catro deles seguen na UCI mentres que en planta hai 25 (dous máis recupéranse no hospital público lucense, 7 no Hospital da Mariña (dous máis) e 3 no de Monforte (un menos).

A situación estabilízase en Vilalba, con 195 casos detectados nos últimos 14 días (dous menos, o que indica que non houbo positivos na última xornada). Agora mesmo é o concello da provincia cos datos máis negativos. Castro de Rei suma un contaxio máis e son 19 no último período mentres Cospeito segue estatilizado con dez.

Nas Pontes suma tres casos máis e xa son 61 os diagnosticados nos últimos días.

Etiquetas