O PAI de Guitiriz implanta a gratuidade para o segundo fillo

O Concello de Guitiriz decidiu acollerse á posibilidade de obter financiamento por parte da Xunta de Galicia para a gratuidade da atención educativa no Punto de Atención á Infancia (PAI) para os segundos fillos ou fillas e sucesivos.

O pleno celebrado a semana pasada aprobou por unanimidade a modificación da ordenanza reguladora do PAI para incluír este apartado nos beneficios fiscais, que quedan redactados do seguinte xeito: desconto do 100% ao 2º fillo/a e/ou sucesivos, 50% no caso de familias perceptoras do Risga, 30% cando os ingresos da unidade familiar non supere o 50% do Iprem e un 20% no caso de nenos/as que pertenza a unidade familiar monoparental.

Para que esta modificación sexa efectiva terá que abrirse proximamente un período de información pública no Boletín Oficial da Provincia, que terá un prazo de 30 días.

Etiquetas