Taboada y Ramos S.L.

Adxudican esta semana a humanización da zona do auditorio de Vilalba

Adxudican esta semana a humanización da zona do auditorioO Concello de Vilalba presentou hoxe as obras de mellora e humanización da intersección das rúas Pedreiras, Porta da Cima e Pita de Veiga, que se adxudicarán esta semana co obxectivo de ampliar o espazo destinado aos peóns e reducir a presenza de vehículos.

Trátase dunha área que comunica o casco histórico coa parte máis nova de Vilalba, polo que o concello quere humanizar a intersección, cun maior protagonismo para as persoas e menos tráfico rodado.

É un entorno onde se atopan a arquitectura máis tradicional coa máis contemporánea, xa que na intersección colindan a Igrexa de Santa María e o auditorio de César Portela. Outro elemento propio de interese nesta zona é o trazado do Camiño de Santiago.

Por todo elo, o concello impulsou esta actuación, cun orzamento de 166.830 euros, coa que se limitará o tránsito e o aparcadoiro de vehículos. O concello instalará ademais unha pérgola para a suxeción de vexetación e mobiliario urbano: bancos, papeleiras e unha fonte.

“Será un espazo que semellará máis unha praza que unha rúa, onde terán prioridade os peóns e os vehículos só poderán circular a baixa velocidade, sen posibilidade de estacionamento”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Ademais, substituirase o pavimento existente, os colectores de saneamento deteriorados, e reforzarase a rede de abastecimiento de agua e de alumeado público.

Etiquetas