Pol, A Pastoriza e Riotorto súmanse ao circuíto de teatro afeccionado

Arrincou o Circuíto de Teatro Afeccionado, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia ata final de ano.

Quince compañías participan nesta iniciativa que dá pulo ao teatro amador nun ano condicionado pola incidencia da crise sanitaria nas programacións culturais, especialmente no ámbito das artes escénicas. Alentía Teatro, Nova Escena Teatro, Os Palimoquiños, Curuxán Teatro Impro, Hipócrita Teatro, Os Baluros, Os Trocos, A Adala, A Mariña, Asociación Cultural Abrente, Grupo de Teatro Viraventos, Teatreiras, Lume Escénico, O Torques Metátase Teatro e Pico do Castro representarán os seus espectáculos nunha vintena de municipios.

A programación, organizada en colaboración cos concellos e coas asociacións culturais que facilitan os espazos para as representacións, inclúe pezas para todos os públicos e con distintos rexistros, desde o drama ata a comedia.

O Circuíto de Teatro Afeccionado artellouse neste 2020 para dar continuidade á actividade do Buxiganga, unha convocatoria que non puido repetirse este ano polas dificultades que a situación sanitaria creaba á hora de concretar datas e horarios coa antelación que requería o procedemento habitual.

Actuacións na comarca

Sábado 5 de decembro

  • Os Trocos. Centro sociocultural de Friol ás 17.00 horas, Por Un Puñado De Grelos

Sábado 12 de decembro

  • Metátase Teatro. Centro sociocultural de Friol ás 17.00 horas, Detrás das máscaras
  • Lume Escénico. Centro sociocultural de Riotorto ás 21.00 horas, Cousas de bares

Sábado 19 de decembro

  • Metátase Teatro. Centro sociocultural de Mosteiro de Pol ás 18.00 horas, Detrás das máscara
  • Os Trocos. Centro sociocultural de Riotorto ás 21.00 horas, Por un puñado de grelos
  • Lume Escénico. Casa da sociocultural da Reigosa en Pastoriza ás 21.00 horas, Cousas de bares

Domingo 20 de decembro

  • Asociación cultural Abrante. Centro sociocultural de Mosteiro de Pol ás 19.00 horas, O aeroporto da valiña

Consulta a programación completa neste enlace.

Etiquetas