Taboada y Ramos S.L.

O DVSport suspende os adestramentos dúas semanas polo aumento de contaxios

O DVSport suspende os adestramentos dúas semanas polo aumento de contaxiosCompletados dous meses de adestramentos a directiva de Lago DVSport volveuse reunir para valorar a situación actual tanto nas Pontes como a súa contorna no momento no que o Concello está sometido a un importante incremento de contaxios e para tomar unha decisión sobre os adestramentos.

“Estamos moi satisfeitos con como se desenvolveron os adestramentos en todas as categorías, cumprindo estritamente os protocolos e creando un ambiente seguro para os nosos deportistas e adestradores, como así o demostra o feito de non ter ningún incidente na nosa actividade”, indicaron dende a directiva. Pero, aínda así afirman que como a situación da pandemia empeorou considerablemente no  pobo “debemos ser responsables e levar a cabo a suspensión dos adestramentos durante un período de dúas semanas, despois das cales nos volveremos a reunir para valorar de novo a situación”

A directiva agradeceu o traballo de deportistas, familiares e corpo técnico “xa que, ademais de exercer como educadores e adestradores, foron capaces de asumir a responsabilidade da desinfección tanto do material como das instalacións antes e despois de cada sesión co firme obxectivo de mellorar a seguridade durante os adestramentos”.

Etiquetas