Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Volve este domingo a feira mensual de Friol

Por 4 Marzo, 2021Sin comentarios

Á vista das medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade, que contemplan entre outras, a apertura dos peches perimetrais na maior parte dos Concellos, así como da hostalaría e centros comerciais,  permitiendo a reunión de ata 4 convivintes, o Concello de Friol estima segura a reanudación da Feira Mensual do próximo domingo 7 de marzo.

As seguintes feiras seguirán a celebrarse agás se as autoridades sanitarias recomendan o contrario nas xornadas sucesivas.

Dende o Concello de Friol recórdase a toda a poboación que deben adoptar todas as medidas de protección establecidas polos organismos oficiais.