Pecha Marcelle ata a próxima tempada debido á covid-19

Pecha Marcelle ata a próxima tempada debido á covid-19O parque zoolóxico de Marcelle, ubicado no Concello de Outeiro de Rei, comunicou o peche das instalacións ata que comece a nova tempada.

Segundo comunican dende o centro, as continuas restricións de mobilidade están causando numerosos problema para manter aberto de cara ao público esta instalación.

De feito, na tempada baixa só funciona de luns a venres polas tardes e durante as fins de semana todo o día pero agora pecharán ata que a situación mellore.

“Finalizando o 2020 aínda seguimos loitando e afrontando esta longa travesía sen perder un chisco de esperanza e queremos e desexamos compartir convosco o noso optimismo para iniciar o próximo ano. ⁣⁣ Marcelle Natureza fai un alto no camiño ata a próxima tempada. ⁣⁣Pola nosa banda tentaremos poñer todo o noso empeño para que este pequeno rinconcito que é Marcelle e os seus habitantes volva ser o voso destino preferido”, explican.

Etiquetas