O DVSport incorpora o bádminton á súa oferta deportiva
O Club Lago DVSport continúa co seu proceso de crecemento e expansión do deporte en toda a sociedade pontesa incorporando unha nova sección a partir da próxima tempada, o bádminton.
Deste xeito, o club engloba un novo deporte que se une á escola de Futsal, a academia de tecnificación e escola de porteiros.
En total, o club conta con máis de 80 deportistas ata a data de hoxe, cantidade que podería aumentar coa incorporación da nova especialidade deportiva.