A confraría de Meira celebrará o seu rastrillo benéfico o día 13

A confraría de Meira volverá celebrar este ano o seu rastrillo benéfico, que ten como data escollida o 13 de decembro aproveitando a convocatoria da feira quincenal.

Novamente está aberto á participación de todos os veciños e tan só será necesario aportar obxectos feitos a man e levalos na mañá do sábado 12 á igrexa de Santa María de Meira.

A Cofradía destina todo o que se recaude no rastrillo benéfico que se celebrará o día 13 na Feira de Meira a unha família de honduras que perdeu a súa vivenda. Agradece-se colaboración

Etiquetas