O próximo Hectómetro do Paseo dos Soños será para Víctor Corral

O próximo Hectómetro do Paseo dos Soños será para Víctor CorralO escultor Víctor Corral foi elixido pola asociación Xermolos e a Irmadade Manuel María para recibir unha homenaxe no próximo Hectómetro Literario que se colocará no Paseo dos Soños, á beira do río Magdalena de Vilalba, preto da capela e do muíño.

Será o hectómetro número XV e foi escollido o escultor begontés pola súa mestría que se pode ver na súa casa museo de Baamonde ou nas múltiples obras que ten repartidas por distintos lugares do mundo, coma as queixeiras de San Simón de Vilalba, a augueira do San Alberte ou a virxe do castiñeiro de Baamonde, tallada para evitar que o talasen.

Será o homenaxeado o que se encargue de realizar o seu propio monolito que xa adiantou que será unha «Vou colocar unha columna de granito cunha pomba de broce.

Escultor, pintor, poeta e humanista, este chairego de 83 anos segue sendo unha dos representantes da cultura local e esperan que o próximo ano o acto de colocación poda facerse sen riscos sanitarios como sucede co de Fernán Vello, que xa está colocado pero aínda non se fixo o acto oficial, aprazado en varias ocasións.

 

Etiquetas