Vilalba segue baixando e sobe lixeiramente a incidencia en Cospeito e Castro

Volven descender unha xornada máis os casos activos de coronavirus na provincia, 17 menos que onte e xa son 771. Este dato vén condicionado coma sempre polos 28 novos positivos (onte houbo 29) e polas 45 altas das últimas 24 horas (onte foron 70). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.484 e 5.579 curados.

Na parte máis negativa hai que sumar un novo falecido, unha muller de 95 anos ingresada no Hula, polo que xa son 133 as persoas que perderon a vida pola covid-19 dende que comezou a pandemia en marzo.

Volve estabilizarse a hospitalización cunha persoa menos ingresada. Segue só unha persoa na UCI do Hula mentres que baixan os ingresados neste centro onde xa son 24 (2 menos). Tamén hai un máis na Mariña (3 ingresados) e seguen os mesmos 3 enfermos no de Monforte.

Por concellos, Vilalba segue na súa rebaixa de novos positivos con 66 nos últimos 14 días, cinco menos que onte. En Cospeito continúa o aumento de casos ata 20 (2 máis que onte). Tamén volve subir lixeiraemnte en Castro de Rei con 19 en total (un máis) mentres en Outeiro de Rei baixa a incidencia acumulada a 11.

Na veciña As Pontes no hai tregua e xa s0n 98 os casos novos no último período quincenal, un máis que onte.

Os concellos de Vilalba e As Pontes continúan en máxima alerta.

Etiquetas