Considerable descenso de casos positivos de covid-19 na provincia

A provincia de Lugo rexitrou hoxe un importante descenso de casos activos de coronavirus, son 147 menos que onte o que supón un total de  624. Este dato vén condicionado coma sempre polos 16 novos positivos (onte houbo 28) e polas 162 altas das últimas 24 horas (onte foron 45). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.502 e 5.741 curados.

Son datos importante para o control desta segunda vaga que está a ser moito máis difícil e controlar que a primeira e que ten un elevado índice de mortalidade. O de hoxe é o número de novos positivos máis baixo de todo o mes e axuda moito as 162 altas.

Na parte máis negativa hai que sumar tres novos falecidos da residencia de Vilalba, un home (que faleceu no Hula) e dúas mulleres polo que xa son 136 as persoas que perderon a vida pola covid-19 dende que comezou a pandemia en marzo.

Mellora así mesmo a hospitalización con seis persoas menos ingresadas. A UCI do Hula recibiu unha nova persoa e xa son dúas as ingresadas en coidados intensivos. Na planta do hospital de Lugo rebaixan os ingresados a 17 (7 menos). Tamén hai un menos na da Mariña (2 ingresados) pero sube un o de Monforte, onde hai 4 enfermos.

Por concellos, Vilalba segue na súa rebaixa de novos positivos con 64 nos últimos 14 días, dous menos que onte. En Cospeito rebaixa un caso novo e xa son 19 no acumulado quincenal, a mesma cifra de Castro de Rei con 19 en total (un máis) mentres en Outeiro de Rei xa baixa dos dez casos rexistrados.

Pola contra, A Pastoriza, Meira e Pol non rexistraron ningún positivo nos últimos 14 días.

Na veciña As Pontes estabilizan outra vez con 98 casos novos no último período quincenal.

Os concellos de Vilalba e As Pontes continúan en máxima alerta.

Etiquetas