Publican un libro cos microrrelatos gañadores do concurso vilalbés

Publican un libro cos microrrelatos gañadores do concurso vilalbésA editorial Alvarellos vén de publicar Microrrelatos, o volume que reúne os textos gañadores da primeira e segunda edición do Certame de Microrrelatos Día do Libro organizada polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ en 2019 e 2020. Son en total dezaoito composicións, pertencentes ás categorías infantil, xuvenil e adultos.

Os microrrelatos desenvolven, en moi poucas liñas, toda unha trama; esta brevidade –e intensidade– é sen dúbida un atractivo para as persoas lectoras de hoxe, que gozarán destas dezaoito pequenas grandes historias.

No 2019 as gañadoras na categoría infantil foron Nerea Villar Ferreiro, África Montenegro Leal e María Otero Díaz; na xuvenil, Mariña Maceiras Segovia, Sandra Rodríguez Macía e Nee Barros Fernández, e na de adultos Patricia Torrado Queiruga, Raquel Fernández Fernández e Beatriz Dourado.

Este ano, os premios correponderon a África Montenegro Leal, Aroa Fernández Jiménez e Paula Pérez Cendán da categoría infantil; Mariña Maceiras Segovia, Nee Barros Fernández e Carlota Millor Prado na xuvenil, e na de adultos venceron Pedro Naveira Pedreira, Patricia Torrado Queiruga e Cristina Arias López.

Etiquetas