A ITV de Turismo estará a final de ano nas Pontes

A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará entre os días 28 e 30 de decembro no Concello das Pontes, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás os días que coincidan venres, que serán só pola mañá.

A unidade estará situada na rúa 8 de Marzo.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com.

Etiquetas