Friol acolle este sábado unha representación de Metátese Teatro

Dentro do ciclo de Teatro Afeccionado da Deputación Provincial, a asociación cultural Carballo Vivo vén de organizar a representación da obra Detras das máscaras, a cargo de Metátease Teatro, dentro do seu ciclo Táboas cheas de emoción.

A representación será este sábado, 12 de decembro, ás 17.00 horas no centro social de Friol.

Trátase dun espectáculo centrado en varias historias independentes e dun universo temático moi diversos nas que se aborda o tránsito do ser humán no mundo actual: as relacións amorosas, a dependencia do mundo da moda, a emigración, o mundo dos desfavorecidos, etc. A obra conta con gandes doses de humor e retranca.

Etiquetas