Sete Pontes inicia unha campaña de Nadal sorteando 2.000 euros
A Asociación Sete Pontes de Vilalba realizará este ano unha nova campaña para incentivar o comercio local. Esta consistirá en varias accións promocionais e publicitarias baixo o parugas de Merca e Gaña no Comercio Local de Viallba.
O eixo da campaña será o sorteo de 2.000 euros entre catro consumidores agraciados, que recibirán 500 euros que deberán gastar o seu diñeiro nos establecementos participantes.
A campaña dará comezo mañá, xoves e se prolongará ata o 5 de xaneiro co obxectivo de incentivar á compra directa nos comercios da vila. Para poder participar, só é necesario facer algunha compra ou consumo nos establecementos adheridos a Sete Pontes. En cada negocio haberá un papel co listado de empresas que o consumidor deberá selar segundo naqueles nos que faga as compras.
Unha vez cuberta a papeleta, engadiranse os datos persoais e meterase nun sobre para participar no sorteo que terá lugar o 8 de xaneiro, ás 20.00 horas, no local da asociación.
Para rexistrar as compras non fai falta un importe mínimo.