Vilalba acolle o I Encontro de Dirección de Banda Sinfónica

Vilalba acolle o I Encontro de Dirección de Banda SinfónicaO auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba acollerá este domingo, 13 de decembro, a partir das 13.00 horas, o I Encontro de Dirección de Banda Sinfónica.

A Asociación Músico Crisanto, que xestiona as Escolas Mancomunadas de Música de Begonte, Rábade e Outeiro de Rei, participa coa Banda Sons e Soños, en cooperación co Centro Superior de Música de Galicia, neste encontro.

Esta actividade será de entrada libre pero haberá que reservar on line xa que o aforo é limitado.

Contará cos directores Javier Alonso (O Rosal), José Lodeiro (Santiago), Carmen María Ferreiro (Viveiro), Roberto Iglesias (Ourense), Miguel Nistal (León), Vicent Aznar (Castellón), Rubén Martínez (Valencia), Ance Laganovska (Riga, Letonia), Alejandro Casquero (Buenos Aires, Argentina) e Pere Molina (prof. dirección)

No programa figura varias obras;

  • Tercio de quites. R. Taléns
  • L’Arlesienne. Suite N. 2-Minuè & Farandola. G. Bizet
  • Marcha Eslava. P. I. Chaikovsky
  • Symphonic Overture. J. Barnes
  • A Rapa das Bestas. S. Couceiro
  • El Tambor de Granaderos. R Chapí
  • El fantasma de la ópera. A. Ll. Webber
É obrigatorio o uso de máscara, distancia interpersoal entre as cadeiras e hixine de mans.

Etiquetas