Castro acolle unha xornada sobre a nova normativa de puríns

A asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla organiza este venres, 11 de decembro, no salón de actos da casa da cultura de Castro Riberas de Lea (Castro de Rei) unha xornada informativa sobre o novo decreto estatal sobre fertilización sostible, que afecta a cuestións fundamentais para as explotacións leiteiras, como por exemplo o abonado con xurro, e sobre as medidas incluídas na Estratexia da Xunta para o sector lácteo galego, que acaba de ser presentada.

A cita será ás 11.00 horas e comezará coa benvida ao asistentes do presidente de Agromuralla, Roberto López. A causa da pandemia sanitaria por mor do coronavirus, o aforo está limitado a 60 persoas.

O acto proseguirá cunha conferencia do director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, sobre O decreto de nutrición sostible do solo: o purín.

A continuación, ás 12.00 horas, intervirá o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, que explicará a Estratexia para o Sector Lácteo Galego: 2020/2025.

Etiquetas