O Ceip Terra Chá dá comezo ao seu programa de Nadal

O Ceip Terra Chá dá comezo ao seu programa de NadalO Ceip Terra Chá de Vilalba dará comezo este luns, 14 de decembro, ao seu programa de Nadal e para facelo o primeiro acto será a inauguración do decorado das festas, que foi realizado pola anpa do centro.

O acto oficial do inicio das festas terá lugar ás 12.15 horas, coincidindo co recreo.

O martes terán contacontos con dous pases diferentes, un ás 11.00 para os nenos de infantil e ás 12.00 para os de primaria. Continuará a sesión o mércores 16 coa proxección da película Ballerina, que poderá verse ás 11.30 e ás 12.45, para infantil e primaria, respectivamente. O xoves repetirán programa e rematarán a semana coa visita de Papá Noel ao centro, un Papá Noel que virá directo dende Árbol e que falará cos nenos máis pequenos ás 11.30 horas e cos maiores ás 12.45.

O luns terá lugar un dos platos fortes do programa, a actuación do Mago Teto, tamén con dous pases e no mesmo horario que os días anteriores. E finalizarán a xornada coa videoconferencia coa presentadora da televisión Rocío Padín, que respostará ás preguntas dos pequenos.

Os nenos ademias colaborarán co programa de televisión Luar, onde sairá o centro educativo, e as cousas que farán este Nadal no colexio.

Etiquetas