Skip to main content
ActualidadeBegonteSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Concello de Begonte abre unha campaña de recollida de alimentos

Por 10 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Begonte abre unha campaña de recollida de alimentosO Concello de Begonte organiza, un ano máis, unha campaña de recollida de alimentos en favor de todas aquelas familias da contorna que o están a pasar mal.

Esta campaña estará en marca dende hoxe ata o próximo luns día 21 de decembro.

Recolleranse todo tipo de alimentos non perecedeiros como doces navideños, latas de conserva, aceites, leite, legumes, arroz, etc.

O punto de recollida estará situado  na propia casa consistorial en horario de luns a venres de 9.00h a 14.30h.